martes, 24 de octubre de 2017

BENVIDOS AO NOSO BLOG

Dámosvos a benvida ao blog no que poderedes estar ao día de todas a novidades do proxecto Voz Natura!

A HORTA DE RITA 2017/18

Ola! 

Hoxe comezamos a traballar no proxecto Voz Natura, titulado "A horta de Rita". Como xa vos comentaron nas xuntanzas de aula é un proxecto de educación ambiental que levamos a cabo nas aulas de dous anos.

Este curso o proxecto xirará en torno ao coidado da nosa horta escolar e tamén aprenderemos e experimentaremos coa reciclaxe, a orixe dos alimentos, o aforro enerxético....e moitas cousas máis.

A través deste blog irémosvos amosando as actividades que realizamos e tamén pedindo a vosa colaboración para algunha delas. Xa que imos publicar bastantes fotos é tamén un medio para que as vosas fillas e fillos poidan recordar experiencias e contarvos como as viviron.

Na sesión de hoxe saímos toda a aula a coñecer a horta e estivemos manexando un ratiño algunhas das ferramentas. Concretamente estivemos a rastrillar a penica e a verdade é que se nos deu moi ben.

Nas próximas visitas á horta farémolo en grupos de 5 nenas e nenos, para que os 20 minutos que temos de sesión nos dea tempo a traballar a todos.

A continuación tedes unha presentación con fotos de cada aula, que esperamos que vos guste. Podedes vela xunto cos peques para que vos falen do que fixeron. As presentacións teñen música, así que tedes que activar o son para escoitala.

Ah! e non esquezades deixar algún comentario sobre as actividades, pois son moi importantes para nós.