lunes, 18 de diciembre de 2017

HOXE FOMOS NOTICIA!

O pasado 4 de decembro a ANPA da nosa escola organizou un obradoiro para a confección de adornos elaborados con material de refugallo. Foi unha maneira moi acertada de dinamizar esta actividade do proxecto Voz Natura consistente en pedir ás familias de Arela que colaboren coa decoración da escola durante o Nadal elaborando adornos a a partir de materiais de refugallo.




Na edición da Coruña de hoxe de "La Voz de Galicia" aparece unha noticia na que fala desta actividade.

Desde aquí agradecemos ás familias a súa implicación, tanto participando directamente no obradoiro como facendo estes adornos ecolóxicos na casa.

Aquí queda a ligazón para poder acceder á noticia.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2017/12/18/pequenos-arela-elvina-elaboran-adornos-navidenos-material-reciclado/0003_201712H18C2993.htm

AFORRANDO AUGA CANDO LAVAMOS AS MANS

Na sesión de Voz Natura de hoxe Rita ensinounos como lavar as mans gastando a menor cantidade de auga posible. Para iso estivemos vendo un panel cos diferentes pasos a seguir: remangarnos, abrir a billa e mollar as mans, pechar a billa, botar xabón, frotar moi ben, abrir a billa e aclarar e por último non esquecer pechar a billa. 
Aquí tedes unha foto do panel que a partir de agora estará no baño de cada aula:

A continuación fomos ao baño en pequenos grupos e estivemos poñendo en práctica todos os pasos.
Desde aquí animámosvos a que na casa sigades tamén estes pasos e así poder aforrar auga.
Na seguinte presentación podedes ver fotos do ben que fomos seguindo todos os pasos.


jueves, 7 de diciembre de 2017

PLANTAMOS PATACAS NA HORTA

Na sesión de Voz Natura do pasado martes fixemos a primeira plantación na horta: plantamos patacas. 
Primeiro estivemos observando os anacos de pataca que iamos botar no rego que xa estaba preparado. A continuación cada un foi colocando con coidado a pataca no rego. Por último collemos o sacho e tapamos ben o rego. Agora temos que colocar un cartel identificativo, xa que ao ser un cultivo que está no interior da terra e tardará aínda moitos días en saír necesitamos saber onde está.
Na seguinte presentación podedes ver as fotos onde plantamos as patacas.