martes, 30 de enero de 2018

SEMENTAMOS ALLOS

Por fin apareceu o sol! Estabamos desexando poder volver a traballar na horta de Rita, así que aproveitamos para sementar allos na horta. Se chegan a pasar uns poucos días máis xa ía ser moi tarde para sementar este cultivo, pois como di o refraneiro:


"O que queira ter bo alleiro que semente no mes de xaneiro"



"Cada día que pasa de xaneiro un dente menos no alleiro"



Saímos catro nenos e nenas de cada aula de 2 anos e cada un sementou un allo no rego. Despois tapamos ben os dentes de allo coa terra. 

Agora toca esperar ata que comecen a brotar e ver como van medrando.
Aquí tedes unha presentación na que podedes ver todo o que vos acabamos de contar.


PREPARAMOS A MINIHORTA

De aquí ao que queda de curso imos ter nas aulas unhas minihortas que nos permitirán poder cultivar no interior, cando a choiva non nos permita saír á horta de Rita. O primeiro que fixemos foi enchelas de terra, e para iso fomos saíndo por parellas a botar a terra no interior da minihorta coas pas.
Na seguinte presentación podedes ver o ben que o fixemos.