viernes, 23 de marzo de 2018

O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE TAMÉN ESTÁ NAS NOSAS MANS

Este martes na sesión de Voz Natura Rita tróuxonos un conto titulado "10 cousas que podo facer para axudar ao meu mundo". É un conto cunhas ilustracións que nos gustaron moito e, o máis importante, a través delas puidemos ver un montón de hábitos que podemos poñer en marcha na nosa vida cotiá para coidar o medio ambiente: 
  • Pechar a villa cando lavamos os dentes para non malgastar auga.
  • Apagar as luces e a televisión canto non as necesitemos.
  • Tirar o lixo na papeleira e non pola rúa ou polo parque.
  • Empregar as dúas caras do papel cando facemos debuxos.
  • Separar o lixo para contribuír á súa reciclaxe (algo que, como xa sabedes, facemos na escola). 
    Desde aquí animámosvos a que favorezades tamén nas vosas casas todos estes hábitos entre os pequenos.





































miércoles, 14 de marzo de 2018

RITA DI....

A nai dun dos nosos alumnos trouxo unha sorpresa para a que se inspirou en Rita, a nosa mascota de Voz Natura. Fixo un xogo no cal Rita di que temos que facer co corpo. Pasámolo xenial no patio xogando a: facer cóxegas, bailar, tocar o nariz,.....
Desde aquí aproveitamos para agradecer enormemente a participación e implicación que estades a amosar as familias. 

 

PLANTAMOS PATACAS EN MACETAS

Hai uns meses plantamos patacas na horta e, como  puidestes ver en entradas anteriores, xa empezaron a brotar as plantas.
Nesta ocasión plantamos patacas nunhas "macetas máxicas", pois cando as patacas medren poderemos velas no interior da terra.
Para isto fomos botando terra no interior da maceta e despois puxemos dúas patacas e volvimos a botar terra. Por último regamos a terra.
Agora toca esperar a que comecen a xerminar e a medrar. Neste vídeo podedes ver como o fomos  facendo.
 

PLANTAMOS LEITUGA

Nas entradas anteriores contámosvos que estivemos preparando a minihorta, botándolle terra e auga, e xa está lista para cultivar. Así que, por parellas, puxémonos mans á obra para plantar leitugas. Fixemos un buratiño, botamos nel a leituga, tapamos con terra e despois regamos ben as tres leitugas que plantamos.
Na presentación que tedes a continuación podedes ver todo o proceso.