martes, 17 de abril de 2018

DE VOLTA NA HORTA

Por fin chegou o bo tempo e puidemos volver a traballar na horta despois de máis dun mes sen poder saír. Neste tempo os nosos cultivos foron medrando moito: as patacas, os allos e tamén os chícharos. Estes últimos están tan grandes que xa necesitan dunhas varas sobre as que trepar para seguir medrando.
En pequenos grupos fomos cravando as varas ao carón de cada planta de chícharo, tal e como podedes ver na seguinte presentación.

jueves, 12 de abril de 2018

QUE SE AGOCHA DENTRO DA TERRA?

Hoxe estivemos vendo o que hai dentro das macetas máxicas nas que plantamos as patacas e comprobamos que teñen un montón de raíces. Ademais dentro dunhas semanas seguro que comezaremos a ver as patacas.
Tamén vimos as partes das plantas: as follas e o talo (que podemos ver e tocar de maneira directa) e as raíces (que están agochadas na terra). Despois fixemos un quebracabezas no que compoñiamos unha pranta ao colocar na parte superior o talo e as follas e na inferior as raíces.
Na seguinte presentación podedes ver o ben que o fixemos.

martes, 3 de abril de 2018

OBSERVAMOS E IDENTIFICAMOS OS CULTIVOS DA AULA.


Xa estamos de volta despois duns días de descanso e con moitas ganas de seguir traballando cos nosos cultivos.
Comezamos a semana realizando unha actividade na cal poidemos ver como foron medrando as leitugas ao longo destes días. Levamos unha sorpresa ao ver que as patacas comezaron a nacer na maceta máxica onde as plantamos. Algunhas plantas de pataca xa medraron  moito e outras están comezando a brotar.
Tamén colocamos carteis identificativos na minihorta (na cal está a leituga) e nas macetas máxicas (onde están as patacas).
Na seguinte presentación podedes ver todo o que estivemos a facer.
Esperamos que vos guste!


CARTEIS DA MINIHORTA