viernes, 1 de febrero de 2019

RITA E AS HORTALIZAS


       Caramba! Que cargada veu Rita cunha cesta chea de hortalizas: cenorias, patacas, leituga, berenxena, pementos, porro... Serán da súa horta? NON, mercounas nunha tenda e as trouxo para que vexamos cantas cousas podemos plantar na nosa horta e así ter de todo na escola.



       Primeiro contounos o conto: " Unha horta na casa" e logo deixounos tocar todo o que tiña nesa fantástica cesta chea de alimentos de cores.






       E coma de momento non podemos saír a nosa horta a plantar decidimos plantar na clase nunha maceta unha pataca a ver se medra.


       Botamos unha pouca de terra, un anaco de pataca, máis terra e.... AUGA!