lunes, 18 de diciembre de 2017

HOXE FOMOS NOTICIA!

O pasado 4 de decembro a ANPA da nosa escola organizou un obradoiro para a confección de adornos elaborados con material de refugallo. Foi unha maneira moi acertada de dinamizar esta actividade do proxecto Voz Natura consistente en pedir ás familias de Arela que colaboren coa decoración da escola durante o Nadal elaborando adornos a a partir de materiais de refugallo.




Na edición da Coruña de hoxe de "La Voz de Galicia" aparece unha noticia na que fala desta actividade.

Desde aquí agradecemos ás familias a súa implicación, tanto participando directamente no obradoiro como facendo estes adornos ecolóxicos na casa.

Aquí queda a ligazón para poder acceder á noticia.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2017/12/18/pequenos-arela-elvina-elaboran-adornos-navidenos-material-reciclado/0003_201712H18C2993.htm

AFORRANDO AUGA CANDO LAVAMOS AS MANS

Na sesión de Voz Natura de hoxe Rita ensinounos como lavar as mans gastando a menor cantidade de auga posible. Para iso estivemos vendo un panel cos diferentes pasos a seguir: remangarnos, abrir a billa e mollar as mans, pechar a billa, botar xabón, frotar moi ben, abrir a billa e aclarar e por último non esquecer pechar a billa. 
Aquí tedes unha foto do panel que a partir de agora estará no baño de cada aula:

A continuación fomos ao baño en pequenos grupos e estivemos poñendo en práctica todos os pasos.
Desde aquí animámosvos a que na casa sigades tamén estes pasos e así poder aforrar auga.
Na seguinte presentación podedes ver fotos do ben que fomos seguindo todos os pasos.


jueves, 7 de diciembre de 2017

PLANTAMOS PATACAS NA HORTA

Na sesión de Voz Natura do pasado martes fixemos a primeira plantación na horta: plantamos patacas. 
Primeiro estivemos observando os anacos de pataca que iamos botar no rego que xa estaba preparado. A continuación cada un foi colocando con coidado a pataca no rego. Por último collemos o sacho e tapamos ben o rego. Agora temos que colocar un cartel identificativo, xa que ao ser un cultivo que está no interior da terra e tardará aínda moitos días en saír necesitamos saber onde está.
Na seguinte presentación podedes ver as fotos onde plantamos as patacas.


martes, 28 de noviembre de 2017

BANDULLÍN, TICO E DONA PAPELETA


SEPARACIÓN DO LIXO

Na sesión de hoxe tocou coñecer máis a fondo a Bandullín, Tico e Dona Papeleta, as tres 

personaxes que nos axudan a identificar as tres papeleiras que temos nas aulas. Para isto 

primeiro vimos un conto protagonizado por elas e despois puxemos en práctica os nosos 

coñecementos botando diferentes tipos de residuos en cada papeleira, como podedes ver 

na presentación de fotos que aparece nesta entrada.

Agora tócavos ás familias darlle continuidade a estes hábitos de respecto cara o  

medio ambiente!

jueves, 23 de noviembre de 2017

SEGUIMOS A TRABALLAR

Na última sesión do Proxecto Voz Natura continuamos cos traballos de preparación da terra da horta e saímos outros 3 grupos de 5 nenas e nenos de cada aula de 2 anos. Antes de traballar coas ferramentas estivemos practicando sobre o terreo como podemos desprazarnos pola horta sen pisar a terra.
Aquí tedes unha presentación con fotos do moito que traballamos.




martes, 14 de noviembre de 2017

TRABALLANDO NA HORTA

Hoxe fixemos a primeira saída en pequenos grupos para traballar na horta. Estivemos camiñando pola horta sen pisar a terra empregando os camiños que hai ao seu redor....fixémolo xenial!

Depois puxémonos mans á obra coas ferramentas e estivemos removendo a terra para que estea lista para poder cultivar nela.

Antes de voltar para a aula vimos unhas plantas que que había na horta. Eran plantas de pataca e dentro da terra, xunto ás raíces das plantas....sorpresa!....estaban as patacas. Estivemos tocándoas e observándoas e despois levámolas para a aula para amosarllas ás profes e ao resto dos amigos.

Aquí tedes unha presentación con fotos onde vos amosamos todo o que fixemos.

martes, 24 de octubre de 2017

BENVIDOS AO NOSO BLOG

Dámosvos a benvida ao blog no que poderedes estar ao día de todas a novidades do proxecto Voz Natura!

A HORTA DE RITA 2017/18

Ola! 

Hoxe comezamos a traballar no proxecto Voz Natura, titulado "A horta de Rita". Como xa vos comentaron nas xuntanzas de aula é un proxecto de educación ambiental que levamos a cabo nas aulas de dous anos.

Este curso o proxecto xirará en torno ao coidado da nosa horta escolar e tamén aprenderemos e experimentaremos coa reciclaxe, a orixe dos alimentos, o aforro enerxético....e moitas cousas máis.

A través deste blog irémosvos amosando as actividades que realizamos e tamén pedindo a vosa colaboración para algunha delas. Xa que imos publicar bastantes fotos é tamén un medio para que as vosas fillas e fillos poidan recordar experiencias e contarvos como as viviron.

Na sesión de hoxe saímos toda a aula a coñecer a horta e estivemos manexando un ratiño algunhas das ferramentas. Concretamente estivemos a rastrillar a penica e a verdade é que se nos deu moi ben.

Nas próximas visitas á horta farémolo en grupos de 5 nenas e nenos, para que os 20 minutos que temos de sesión nos dea tempo a traballar a todos.

A continuación tedes unha presentación con fotos de cada aula, que esperamos que vos guste. Podedes vela xunto cos peques para que vos falen do que fixeron. As presentacións teñen música, así que tedes que activar o son para escoitala.

Ah! e non esquezades deixar algún comentario sobre as actividades, pois son moi importantes para nós.