Este martes na sesión de Voz Natura Rita tróuxonos un conto titulado "10 cousas que podo facer para axudar ao meu mundo". É un conto cunhas ilustracións que nos gustaron moito e, o máis importante, a través delas puidemos ver un montón de hábitos que podemos poñer en marcha na nosa vida cotiá para coidar o medio ambiente:
- Pechar a villa cando lavamos os dentes para non malgastar auga.
- Apagar as luces e a televisión canto non as necesitemos.
- Tirar o lixo na papeleira e non pola rúa ou polo parque.
- Empregar as dúas caras do papel cando facemos debuxos.
- Separar o lixo para contribuír á súa reciclaxe (algo que, como xa sabedes, facemos na escola).
Desde aquí animámosvos a que favorezades tamén nas vosas casas todos estes hábitos entre os pequenos.