martes, 18 de diciembre de 2018

NOVOS CALDEIROS PARA SEPARAR O LIXO



        Temos novos caldeiros para separar o lixo na escola! Hoxe Rita nos trouxo uns novos colectores de lixo: un para os restos orgánicos, outro para os envases e un para o papel e o cartón. 




       Na tapa de cada caldeiro están as personaxes que coñecimos na sesión anterior: Bandullín, Tico e Dona Papeleta que nos axudarán a separar o lixo.


       Para que nos quedara ben clariño que botar nos distintos caldeiros, Rita nos trouxo un conto de "Os bolechas": "QUE SE BOTA NO CONTEDOR AMARELO".

martes, 11 de diciembre de 2018

SEPARAMOS O LIXO










      Tremendo lío que ten Rita co lixo. Foi xuntando e xuntando e agora non sabe coma separalo. Para axudarlle primeiro vimos un conto onde coñecimos a TICO (o colector de plásticos e envases), a BANDULLÍN (o colector de restos orgánicos), a DONA PAPELETA (o colector de papel e cartón) e a DON VIDRO (o colector de cristal).



 

   

      Logo do conto nos puxemos mans á obra. E lle explicamos a Rita onde poñer cada cousa:

         


- En Tico: a botella, os envases do iogur, o bote de galletas e a bolsa de plástico.





- En Bandullín: o cueiro, os panos con mocos e as mondas de pataca.

         



- En Dona Papeleta: os anacos de papel, as caixas de cartón...


















      Canto aprendimos hoxe! A partir de agora na casa tamén separaremos o lixo. E e para que se nos faga máis fácil e divertido, podemos decorar os nosos colectores coas personaxes que temos na escola. Aquí podedes atopar as plantillas para imprimir e pegar nos vosos cubos do lixo.

martes, 20 de noviembre de 2018

AÍNDA NADA?

        Seguimos a ter mal tempo para poder saír ao xardín, así que toca traballar na aula. Hoxe Rita sorprendeunos cun conto: "AÍNDA NADA?" e logo de velo decidimos facer coma o Señor Luis e plantar unhas sementes a ver que pasar. 





      Primeiro manipulamos as sementes (trigo, cebada, chícharos, lentellas...). Logo botamos terra, puxemos as sementes, as tapamos con máis terra e regamos tal e como fixo o protagonista do conto. 








      Agora toca esperar... A ver se non se nos fai moi longa a espera.





martes, 30 de octubre de 2018

QUEN VIVE BAIXO A TERRA?


Coma o tempo non nos acompañou para poder saír  á horta a traballar trouxemos a terra para a aula. Rita nos trouxo unhas bandexas con terra para que manipuláramos e explicounos que debaixo da terra viven moitos animais. Así que puxémonos mans á obra e buscamos na terra.




E logo de moito remexer atopamos: formigas, ratos, miñocas, ourizos, coellos e toupas. 




miércoles, 24 de octubre de 2018

COÑECEMOS A RITA

      Onte, martes 23 de outubro, os nenos e nenas das aulas de 2 anos coñecimos a ra Rita. Esta simpática ra é a mascota do proxecto e nos acompañará ao longo do curso nas actividades que realizaremos. Rita veu cargada de contos de temática relativa á educación ambiental, os cales veremos ao longo do curso, e de ferramentas que empregaremos nos traballos da horta.




       De agasallo Rita trouxo unhas “mini-Ritas” para cada nneno/a e unha Rita para a aula.

  


         Na próxima visita, se o tempo nos acompaña sairemos a coñecer a horta de Rita.


martes, 8 de mayo de 2018

PROBAMOS A LEITUGA

As leitugas que plantamos dentro da aula medraron moito nas últimas semanas e agora están así de grandes:



















Chegou o momento de preparar unha ensalada e así poder probar a leituga. Para isto fomos lavando, con moito coidado e unha por unha, as follas da leituga na aula. Despois levamos a leituga á cociña para que Adela e Pili, as cociñeiras, fixesen unha ensalada para os nenos e nenas que comemos na escola.

Para os que non comemos na escola levamos unhas poucas follas para a casa para que mamá, papá, os avós, etc. nos preparasen tamén ensalada.
Fíxonos moita ilusión probar a leituga no comedor e tamén na casa, pois era unha leituga especial cultivada por nós.
Na seguinte presentación podedes ver todo o proceso.


martes, 17 de abril de 2018

DE VOLTA NA HORTA

Por fin chegou o bo tempo e puidemos volver a traballar na horta despois de máis dun mes sen poder saír. Neste tempo os nosos cultivos foron medrando moito: as patacas, os allos e tamén os chícharos. Estes últimos están tan grandes que xa necesitan dunhas varas sobre as que trepar para seguir medrando.
En pequenos grupos fomos cravando as varas ao carón de cada planta de chícharo, tal e como podedes ver na seguinte presentación.

jueves, 12 de abril de 2018

QUE SE AGOCHA DENTRO DA TERRA?

Hoxe estivemos vendo o que hai dentro das macetas máxicas nas que plantamos as patacas e comprobamos que teñen un montón de raíces. Ademais dentro dunhas semanas seguro que comezaremos a ver as patacas.
Tamén vimos as partes das plantas: as follas e o talo (que podemos ver e tocar de maneira directa) e as raíces (que están agochadas na terra). Despois fixemos un quebracabezas no que compoñiamos unha pranta ao colocar na parte superior o talo e as follas e na inferior as raíces.
Na seguinte presentación podedes ver o ben que o fixemos.

martes, 3 de abril de 2018

OBSERVAMOS E IDENTIFICAMOS OS CULTIVOS DA AULA.


Xa estamos de volta despois duns días de descanso e con moitas ganas de seguir traballando cos nosos cultivos.
Comezamos a semana realizando unha actividade na cal poidemos ver como foron medrando as leitugas ao longo destes días. Levamos unha sorpresa ao ver que as patacas comezaron a nacer na maceta máxica onde as plantamos. Algunhas plantas de pataca xa medraron  moito e outras están comezando a brotar.
Tamén colocamos carteis identificativos na minihorta (na cal está a leituga) e nas macetas máxicas (onde están as patacas).
Na seguinte presentación podedes ver todo o que estivemos a facer.
Esperamos que vos guste!


CARTEIS DA MINIHORTA

viernes, 23 de marzo de 2018

O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE TAMÉN ESTÁ NAS NOSAS MANS

Este martes na sesión de Voz Natura Rita tróuxonos un conto titulado "10 cousas que podo facer para axudar ao meu mundo". É un conto cunhas ilustracións que nos gustaron moito e, o máis importante, a través delas puidemos ver un montón de hábitos que podemos poñer en marcha na nosa vida cotiá para coidar o medio ambiente: 
  • Pechar a villa cando lavamos os dentes para non malgastar auga.
  • Apagar as luces e a televisión canto non as necesitemos.
  • Tirar o lixo na papeleira e non pola rúa ou polo parque.
  • Empregar as dúas caras do papel cando facemos debuxos.
  • Separar o lixo para contribuír á súa reciclaxe (algo que, como xa sabedes, facemos na escola). 
    Desde aquí animámosvos a que favorezades tamén nas vosas casas todos estes hábitos entre os pequenos.





































miércoles, 14 de marzo de 2018

RITA DI....

A nai dun dos nosos alumnos trouxo unha sorpresa para a que se inspirou en Rita, a nosa mascota de Voz Natura. Fixo un xogo no cal Rita di que temos que facer co corpo. Pasámolo xenial no patio xogando a: facer cóxegas, bailar, tocar o nariz,.....
Desde aquí aproveitamos para agradecer enormemente a participación e implicación que estades a amosar as familias. 

 

PLANTAMOS PATACAS EN MACETAS

Hai uns meses plantamos patacas na horta e, como  puidestes ver en entradas anteriores, xa empezaron a brotar as plantas.
Nesta ocasión plantamos patacas nunhas "macetas máxicas", pois cando as patacas medren poderemos velas no interior da terra.
Para isto fomos botando terra no interior da maceta e despois puxemos dúas patacas e volvimos a botar terra. Por último regamos a terra.
Agora toca esperar a que comecen a xerminar e a medrar. Neste vídeo podedes ver como o fomos  facendo.
 

PLANTAMOS LEITUGA

Nas entradas anteriores contámosvos que estivemos preparando a minihorta, botándolle terra e auga, e xa está lista para cultivar. Así que, por parellas, puxémonos mans á obra para plantar leitugas. Fixemos un buratiño, botamos nel a leituga, tapamos con terra e despois regamos ben as tres leitugas que plantamos.
Na presentación que tedes a continuación podedes ver todo o proceso.




miércoles, 28 de febrero de 2018

REGAMOS A MINIHORTA

Dentro de pouco comezaremos a cultivar na minihorta pero antes debemos preparar ben a terra, xa que está moi seca. Para iso fomos regando moi ben a terra con axuda de regadeiras. Estivemos moi concentrados facéndoo, como podedes comprobar nas fotos da presentación que tedes a continuación. 

martes, 20 de febrero de 2018

OS NOSOS CULTIVOS

Na horta de Rita xa temos varios cultivos: patacas, allos e chícharos. 

As patacas xa están bastante grandes e naceron case todas as que plantamos.



























Os allos xa comezaron a brotar

















Tamén cultivamos chícharos.

















Aquí está a horta de Rita cos seus cultivos.


PLANTANDO CHÍCHAROS

Seguimos a traballar na horta de Rita. Nesta ocasión estivemos plantando plantas de chícharo. Comezamos removendo un pouco a terra e despois, con moito coidadiño, fomos colocando as plantas no rego e tapándoas con terra. Tamén puxemos un cartel identificativo na zona onde estivemos plantando. Na seguinte presentación podedes ver fotos de todo o proceso.

martes, 30 de enero de 2018

SEMENTAMOS ALLOS

Por fin apareceu o sol! Estabamos desexando poder volver a traballar na horta de Rita, así que aproveitamos para sementar allos na horta. Se chegan a pasar uns poucos días máis xa ía ser moi tarde para sementar este cultivo, pois como di o refraneiro:


"O que queira ter bo alleiro que semente no mes de xaneiro"



"Cada día que pasa de xaneiro un dente menos no alleiro"



Saímos catro nenos e nenas de cada aula de 2 anos e cada un sementou un allo no rego. Despois tapamos ben os dentes de allo coa terra. 

Agora toca esperar ata que comecen a brotar e ver como van medrando.
Aquí tedes unha presentación na que podedes ver todo o que vos acabamos de contar.


PREPARAMOS A MINIHORTA

De aquí ao que queda de curso imos ter nas aulas unhas minihortas que nos permitirán poder cultivar no interior, cando a choiva non nos permita saír á horta de Rita. O primeiro que fixemos foi enchelas de terra, e para iso fomos saíndo por parellas a botar a terra no interior da minihorta coas pas.
Na seguinte presentación podedes ver o ben que o fixemos.