Despois de ver o conto, Rita explicounos que plantara unhas fabas nunha caixa de Cd e que xerminaran. Coa axuda das lupas puidemos observar as raíces e as follas da planta que medrou. Que interesante!
E para que vexamos como medran deixounos unha caixa con tres fabas e un pulverizador para botarlle auga. A ver se medran!
Así que agora toca esperar e tódolos días mirar como van. Xa vos contaremos.