jueves, 24 de enero de 2019

MISTERIO NA HORTA

      Hoxe Rita nos trouxo un conto: "Misterio na Horta" e unhas lupas. Para que?





      Despois de ver o conto, Rita explicounos que plantara unhas fabas nunha caixa de Cd e que xerminaran. Coa axuda das lupas puidemos observar as raíces e as follas da planta que medrou. Que interesante!




      E para que vexamos como medran deixounos unha caixa con tres fabas e un pulverizador para botarlle auga. A ver se medran!


      Así que agora toca esperar e tódolos días mirar como van. Xa vos contaremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario