jueves, 25 de abril de 2019

AS NOSAS PATACAS

      Este martes, como chovía non puidemos saír á horta así que tocounos experimentar coas plantas dentro de clase. 

     Vos lembrades daqueles anacos de patacas que metéramos nunha maceta con terra? Pois logo de moito regalas.... medraron un montón.


     Así de grande se puxo nestas semanas. E quixemos ver que atoparíamos baixo a terra. Quitamos a terra e... SORPRESA! había unha pataca pequerrecha!


     Puidemos ver o anaco de pataca que enterramos aquel día. De el saíu o talo e as raíces e unha pataca pequena. Logo de vela e tocala decidimos levar as plantas á horta e deixar que medren máis.

     E alí, na horta, nos esperaba outra sorpresa: temos fresas! e que boa pinta teñen.



     Transplantamos as plantas de pataca á horta e seguiremos coidándoas.


lunes, 8 de abril de 2019

COMO COIDAR O PLANETA


     Rita nos trouxo o conto "Dez cousas que podo facer para axudar ao meu mundo". Vimos canto podemos facer coidar o noso planeta: apagar as luces, pechar a billa, usar as papeleiras, aproveitar ben o papel, separar o lixo...





     Despois do conto, puxemos a tele e vimos un video onde nos ensinaban a aforrar auga.


 ENLACE



     Agora que aprendimos todo isto, tócanos poñelo en práctica e recordar aos profes e a papá e mamá o que hai que facer para coidar o planeta Terra.