jueves, 25 de abril de 2019

AS NOSAS PATACAS

      Este martes, como chovía non puidemos saír á horta así que tocounos experimentar coas plantas dentro de clase. 

     Vos lembrades daqueles anacos de patacas que metéramos nunha maceta con terra? Pois logo de moito regalas.... medraron un montón.


     Así de grande se puxo nestas semanas. E quixemos ver que atoparíamos baixo a terra. Quitamos a terra e... SORPRESA! había unha pataca pequerrecha!


     Puidemos ver o anaco de pataca que enterramos aquel día. De el saíu o talo e as raíces e unha pataca pequena. Logo de vela e tocala decidimos levar as plantas á horta e deixar que medren máis.

     E alí, na horta, nos esperaba outra sorpresa: temos fresas! e que boa pinta teñen.



     Transplantamos as plantas de pataca á horta e seguiremos coidándoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario