martes, 28 de noviembre de 2017

BANDULLÍN, TICO E DONA PAPELETA


SEPARACIÓN DO LIXO

Na sesión de hoxe tocou coñecer máis a fondo a Bandullín, Tico e Dona Papeleta, as tres 

personaxes que nos axudan a identificar as tres papeleiras que temos nas aulas. Para isto 

primeiro vimos un conto protagonizado por elas e despois puxemos en práctica os nosos 

coñecementos botando diferentes tipos de residuos en cada papeleira, como podedes ver 

na presentación de fotos que aparece nesta entrada.

Agora tócavos ás familias darlle continuidade a estes hábitos de respecto cara o  

medio ambiente!

2 comentarios:

  1. Xenial! Na casa continuaremos separando 👍🏻

    ResponderEliminar
  2. Moi ben! Así nos gusta, que as familias lle deades continuidade a algo tan importante como é o coidado do medio ambiente.

    ResponderEliminar